Feiras 22. Primeira Tempada Candelas. Fabricación de estand para Alimentaria 2018 Salamander Ibérica. Deseño e fabricación de stand para Veteco 2018 Estrella Galicia. Deseño e fabricación de stand para Alimentaria 2018 Consellería do Mar. Conxemar (Vigo) Museo de Historia Natural Luís Iglesias . Centro de promoción e divulgación científica
"Somos o que facemos para cambiar o que somos" Eduardo Galeano

Esta frase sintetiza á perfección o sentir da empresa: o que facemos nos define, pero o que anhelamos nos diferenza.

A nosa vinculación co mundo do espectáculo desde os primeiros pasos (escenografías, decorados para cine, televisión, atrezzo…) axúdanos a responder de maneira creativa.

Os nosos máis de 25 años de experiencia en deseño e realización de stands para feiras, montaxe de exposicións, instalacións… prepárannos para resolver dun xeito rápido e eficaz.

A nosa pasión polo efémero repercute, nunha inquietude permanente.

Escenoset

Servizos

Escenoset pon todo o seu saber facer e experiencia na realización de espazos efémeros de todo tipo.

Desde a realización integral do espazo ata o deseño e creación de elementos determinados, Escenoset pode encargarse da integralidade do proceso de creación e de xestión (montaxe, loxística,…) de espazos para eventos culturais, comerciais ou institucionais.

  • A nosa gran experiencia e versatilidade permítenos adaptar a calquera proxecto.