Servizos

Escenoset pon todo o seu saber facer e experiencia na realización de espazos efémeros de todo tipo.

Desde a realización integral do espazo ata o deseño e creación de elementos determinados, Escenoset pode encargarse da integralidade do proceso de creación e de xestión (montaxe, loxística,…) de espazos para eventos culturais, comerciais ou institucionais.

A nosa gran experiencia e versatilidade permítenos adaptar a calquera proxecto.

Stands de feiras

Aportamos valor, posicionamento e negocio aos nosos clientes a través do deseño, a creación e xestión de stands. Somos especialistas en deseño de stands, combinando creatividade e innovación, para xerar experiencias únicas e perdurables.

Decorados e escenografías

Completamos o universo visual de espazos televisivos, cinematográficos, teatrais... co fin de suliñar a ambientación requerida, centrándonos no coñecemento e dominio de técnicas artísticas e a exploración de materiais e acabados.

Escaparatismo e interiorismo

Atraemos aos teus clientes. Estudamos e definimos a estratexia de venda e en base a ela, xeramos visibilidade e notoriedade aos teus produtos, a través de técnicas de visual merchandising. Deseñamos e fabricamos ad hoc tódolos elementos que interveñen na configuración dos espazos.

Obxectos especiais

Traballamos a diferentes escalas, o que nos permite recrear pezas únicas ou industrializables. Promovemos a sustentabilidade, o que nos permite outorgarlle entidade e continuidade aos obxectos que algún día formaron parte de proxectos anteriores.