Candelas

Fabricación de estand para Alimentaria 2018

Café Candelas é unha empresa familiar con máis de 40 anos de experiencia no sector do café. Un exemplo de crecemento progresivo e sustentable, evolucionando de pequena empresa familiar a compañía con implantación internacional na distribución alimentaria hosteleira. Unha marca forte, positiva e recoñecida, vencellada á tradición e ás boas experiencias no mundo do café.

A materialización dos rasgos máis destacados da marca, permitíronnos recrear un estand informal e divertido, que utiliza unha linguaxe arquitectónica mezclando diferentes materiais (metal, madeira, formigón...) para representar un espazo cálido e cercano. Un espazo que invita ao visitante a achegarse, parolar e por suposto, tomar unha taza do mellor café.

Deseño Tony Le Brand

Producción Escenoset

Promotor Cafés Candelas

Localización Alimentaria (Barcelona)

Data 2018

Fotografía Tony Le Brand

Servizos

Escenoset pon todo o seu saber facer e experiencia na realización de espazos efémeros de todo tipo.

Desde a realización integral do espazo ata o deseño e creación de elementos determinados, Escenoset pode encargarse da integralidade do proceso de creación e de xestión (montaxe, loxística,…) de espazos para eventos culturais, comerciais ou institucionais.

  • A nosa gran experiencia e versatilidade permítenos adaptar a calquera proxecto.