Museo de Historia Natural Luís Iglesias

Centro de promoción e divulgación científica

A antiga colección do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago, iniciada en 1840, alóxase nun novo edificio, deseñado por César Portela, situado nun extremo do parque de Vista Alegre, delimitado polo río Sarela.

O edificio, de traza lonxitudinal e baixa altura, estrutura os seus espazos expositivos de acordo coas catro principais seccións do museo, que se adican á zooloxía, a botánica, a xeoloxía, e a antiga colección de dioramas, restaurados para a súa nova instalación.


As representacións figurativas e os acabados artesanais das diferentes ambientacións, aportan coherencia a todo o conxunto expositivo, sumerxindo ao espectador nos distintos "hábitats" que se presentan ao longo de todo o edificio.

Deseño César Portela

Producción Escenoset

Promotor Universidade de Santiago de Compostela

Localización Santiago de Compostela

Data 2009 - 2011

Fotografía Margen Fotografía

Servizos

Escenoset pon todo o seu saber facer e experiencia na realización de espazos efémeros de todo tipo.

Desde a realización integral do espazo ata o deseño e creación de elementos determinados, Escenoset pode encargarse da integralidade do proceso de creación e de xestión (montaxe, loxística,…) de espazos para eventos culturais, comerciais ou institucionais.

  • A nosa gran experiencia e versatilidade permítenos adaptar a calquera proxecto.