Consellería do Mar

Conxemar (Vigo)

A Consellería do Mar, dentro da súa programación de actividades de promoción de produtos e empresas do mar, asistiu a unha das feiras máis importantes do sector con estand propio: Conxemar (VIgo).

Mediante unha proposta visual impactante, as ilustraciones, vídeos e "motion graphics", emerxen do conxunto para adquirir un absoluto protagonismo, facendo que os cerramentos e demais elementos construtivos, permanezan nun segundo plano (a modo de soporte expositivo). A aposta decidida polos creadores galegos, materialízase coa incorporación ao proxecto do singular ilustrador Carlos Arrojo. 


Deseño Escenoset

Producción Escenoset

Promotor Consellería do Mar

Localización Conxemar (Vigo)

Data 2018

Fotografía Margen Fotografía

Servizos

Escenoset pon todo o seu saber facer e experiencia na realización de espazos efémeros de todo tipo.

Desde a realización integral do espazo ata o deseño e creación de elementos determinados, Escenoset pode encargarse da integralidade do proceso de creación e de xestión (montaxe, loxística,…) de espazos para eventos culturais, comerciais ou institucionais.

  • A nosa gran experiencia e versatilidade permítenos adaptar a calquera proxecto.