Salamander Ibérica
Deseño e fabricación de stand para Veteco 2018
Know How, I+D+i, desenvolvemento técnico de última xeración, dirección empresarial con visión de futuro e aberta a ideas innovadoras. Esta é a filosofía de empresa de Salamander, que conta ademais con profesionais altamente capacitados que buscan constantemente a superación no desenvolvemento do seu traballo.
Esta filosofía nos dou a oportunidade de plantexar unha proposta de deseño, por unha parte, rompedora coas actuacións que estaban a facer ata a data nas dparticipacións feiriais. E por outra, elaborar un deseño que falase de innovación e últimas tecnoloxías, pero que tamén destacase algúns preceptos da empresa como proximidade, transparencia e confianza.
Optouse entón, por un deseño vangardista, moi vencellado coa arquitectura contemporánea e co desenvolvemento tecnolóxico, pero ao mesmo tempo, moi próximo ao cliente final e ás condicións de confort que se alcanzan coa aplicación dos produtos da empresa.
Como novidade máis salientable, destacar a incorporación dun revestimento creado ex profeso a partir do seu propio material (PVC branco de 3mm) para xerar unha "pel orgánica" que dota dunha singularidade única a todo o espazo.
Deseño Escenoset
Producción Escenoset
Promotor Salamander Ibérica
Localización Veteco (Madrid)
Data 2018
Fotografía Escenoset