Feiras 22
Primeira Tempada
Despois dunhas intensas semanas acaba a primeira
tempada de feiras internacionais do 2022.
Escenoset estivo presente nas principais citas feirais, apoiando a
produtores e distribuidores galegos.
Iniciamos o ano con FITUR, presentando os
encantos turísticos de Galicia, pasando por SENA Boston co mellor do mar e as
rías galegas. Fixemos escala en Barcelona para participar en Alimentaria, a
maior feira gastronómica de Europa, onde as casetas galegas sempre destacan. E terminamos, por agora, novamente en
IFEMA Madrid con Salón Gourmets.
Logo destas aventuras, queremos compartir
convosco algunhas imaxes do noso traballo, para que así estas máxicas pezas de
arquitectura efémera mantéñanse vivas dixitalmente.