Consellería do Mar
Seafood Expo Global (Bruxelas)
A Consellería do Mar, dentro da súa programación de actividades de
promoción de produtos e empresas do mar, asistiu a unha das feiras máis
importantes do sector Seafood Expo Global 2017 con estand propio.
A solución adoptada inspirase nos portos e lonxas galegas e na súa frenética actividade. Ubicacións que hoxe en día atopan unha clara
correspondencia nos certames feiriais de referencia. Este é por tanto o universo mariñeiro que tomamos como punto de partida: a chegada a terra firme
dos barcos ao porto despois dunha faena no mar. Un entorno dinámico que tratamos
de recrear con elementos que nos trasladasen a ese ambente portuario tan
auténtico, saturado de barullo e rebulido, de caixas estibadas, peixes e mariscos
recén chegados, cabos, postos de amarre… Por todo isto, se escolléronse as
caixas de madeira como elementos protagonistas desde o punto de vista
arquitectónico, en clara alusión tamén á tradición e sustentabilidade do sector da pesca en Galicia.
Deseño Escenoset
Producción Escenoset
Promotor Consellería do Mar
Localización Seafood Expo Global (Bruselas)
Data 2017
Fotografía Bram Declerq