Sen Título (Dentro da Instalación Inside)

Instalación de Jorge Perianes para a Cidade da Cultura de Galicia

Entre os libros da Biblioteca de Galicia e baixo unha pedra xigante e ruda que contrasta co equilibrio da arquitectura de Peter Eisenman, o artista ourensán Jorge Perianes ofrécelle ao público unha das súas obras máis impactantes dentro da instalación Inside da Cidade da Cultura de Galicia.

A versatilidade plástica da empresa permite crear "enganos" tan elaborados como o desta instalación, na que os descomunais bloques de pedra transmiten a solemnidade pretendida grazas ao esixente nivel de acabados alcanzado.

Creación Jorge Perianes

Producción Escenoset

Promotor Cidade da Cultura de Galicia

Localización Santiago de Compostela

Data 2011

Fotografía Margen Fotografía

Servizos

Escenoset pon todo o seu saber facer e experiencia na realización de espazos efémeros de todo tipo.

Desde a realización integral do espazo ata o deseño e creación de elementos determinados, Escenoset pode encargarse da integralidade do proceso de creación e de xestión (montaxe, loxística,…) de espazos para eventos culturais, comerciais ou institucionais.

  • A nosa gran experiencia e versatilidade permítenos adaptar a calquera proxecto.